Ponte... nas Ondas!

VI Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”: As gañadoras!

Acta do xurado e galería de imaxes galardoadas.

(Premendo aquí podedes ver tamén ao completo a galería de imaxes recibidas: Participantes no VI Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”)

FALLO DO XURADO

Reunidos Anxo Cabada profesor e fotógrafo, Xerardo Pereiro profesor e antropólogo, Cristina Sánchez-Carretero investigadora e antropóloga e Xerardo Feijoo membro da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! actuando como secretario con voz e sen voto, constitúense como Xurado do 6º Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” e

ACORDAN

1º.-Agradecer aos centros de ensino, profesorado e alumnado a súa participación neste 6º Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! co que se pretende, como obxectivo preferente, descubrir ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural, para o que propuxemos que á iniciativa dos centros escolares os alumnos e alumnas buscaran, na compaña dos seus familiares, aquelas fotos que conteñan elementos dese patrimonio que queremos dar a coñecer. Nas bases e como complemento desta busca solicitabamos que se completara a participación no certame coa inclusión dun texto explicativo da imaxe.

2º.-O Xurado valorou a gran calidade da maioría dos traballos presentados a concurso e o esforzo mostrado na elaboración do texto que acompaña a cada unha das fotografías polo que propón á entidade que convoca o certame que xestione o deseño de actividades que permitan mostrar e difundir as fotografías presentadas, dada a súa calidade e interese, para a súa divulgación e para que sirvan como estímulo e exemplo para outros proxectos educativos similares.

3º.-Logo das correspondentes deliberacións, os membros do Xurado acordan outorgar os seguintes premios nas distintas categorías establecidas polas Bases do Certame,

Categoría Ensino Primario/Ensino Básico

1º Premio: Julio Fernández Gallega
CPR Plurilingüe Luis Vives. Ourense
Título: O Xaneiro
31
Texto:
Esta foto foi tomada ao redor de 1931. O meu bisavó Julio Janeiro Guntiñas, máis coñecido por “O Xaneiro”, atopábase traballando xunto aos seus compañeiros en Talleres Melo, no Barco de Valdeorras. Talleres Melo dedicábase á fabricación de material agrícola, tan necesario para aquela época para mellorar o traballo no campo. Nesta foto, “O Xaneiro” está sacando unha pa labrega do forno de fundición cunhas tenazas.
Podcast: https://go.ivoox.com/rf/112627011

2º Premio: Alexandra Pedreira Fernández
CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo)
Título: Guerra Civil Española
215
Texto:
Nesta foto esta o irmán do meu bisavó, José Pedreira, entre os anos 1936-1939, na guerra civil española. Foi na batalla de Teruel na Loma de la Rana en Albarracín. El era músico de profesión. Entre os instrumentos que tocaba estaba a gaita. Contaba sempre que cando marchou para a guerra levou a sua gaita con el. Un dia colgouna nun carballo e sufriron unha emboscada, polo que tiveron que escapar a correr, tendo que deixar ali a sua amada gaita, colgada no carballo. Nunca a volveu ver! Pero igual grazas a ela xerminou un novo gaiteiro no outro bando.
(Ano da foto: 1936-1939)

3º Premio: Elan Domínguez Fonseca
Escola: CRA Mestra Clara Torres (Tui)
Título: Vendedor de barquillos
45
Texto:
Na foto sae Severino Pérez, o tataravó de Elan que era vendedor de barquillos con ruleta. O xogo da ruleta que consistía en que os compradores daban voltas a ruleta, se había varios participantes pagaba os barquillos o que sacaba menor número, se era unha soa persoa pagaba e tiña dereito a levarse un barquillo en cada xogada.
Podcast: https://go.ivoox.com/rf/109653377

Accésit: Nerea Sequeiros Lafuente
CPR Plurilingüe Luis Vives Ourense
Título: A familia
35
Texto:
Esta foto é de 1924. No centro está o meu bisavó Tomás, que ten 4 anos. Á súa esquerda, o seu irmán Ángel, de 7 anos, e á dereita, a súa irmá Natividad, de 10. No centro, os seus pais. Detrás deles está a súa casa, construída en 1905 coas súas propias mans e coa axuda doutros membros da familia.

Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario

1º Premio: Martina González Rodríguez
IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas)
Título: No Carballiño as mulleres si saben dar malleiras!
69
Texto:
Esta fotografía foi tirada en Santa María de Arcos, en O Carballiño (Ourense) no ano 1940.
Nela aparecen as polbeiras de Arcos mazando polbos para máis tarde secalos e así poder conservalos ata o día da feira.
A que está de xeonllos collendo dunha ola un polbo é a miña bisavoa Sira.
Con esta tradición tan típica de O Carballiño continuou logo o seu fillo, o meu avó parterno, e na actualidade, o meu pai.
Está claro que, se por tradición é, a min non me vai tocar outra que ser polbeira!

2º Premio : João Castro Rodrigues,
Agrupamento de Escolas do Vale de São Torcato (Guimarães)
Título: Prova de amor
83

84

Texto:
Prova de amor
Nesta foto pode ver-se a minha avó, Laura Freitas. Esta fotografia tem uma história bonita por trás. Foi tirada em 1969, para ser enviada como prova de amor, da minha avó para o meu avô. Nesta foto a minha avó tinha 18 anos. Como antigamente se dizia, ela servia em casa de “Senhores”, que eram famílias abastadas. Nesta altura encontrava-se no Porto.
Era hábito trocar correspondência com a sua casa de família, mas também com a pessoa que mais tarde viria a casar. Esta foto é testemunho disso, foi enviada por carta ao seu namorado para que não se esquecesse dela, como “prova de amor” como refere no verso da foto. O meu avô, durante muito tempo trazia esta foto na sua carteira, por isso se encontra com as margens danificadas.
Esta foto retrata também a forma como as mulheres antigamente se vestiam e se cuidavam. Cabelo arrumado, blusa de longas abas, com um fio de ouro ao peito e brincos embelezando, já de si, a beleza natural de um rosto também natural. Roupa com padrões de flores, que eram muito apreciados nesta época, e as meninas procuravam sempre conjugar os seus acessórios com as roupas que usavam. Apesar da foto ser a preto e branco, torna-a ainda mais bonita, porque conseguimos apreciar a beleza natural da pessoa retratada, sem distrações da cor.

3º Premio: Vera Castro González
IES de Curtis
Título: Os irmáns
93
Texto:
Na fotografía aparece o meu bisavó, Ramón Andrés, e o seu irmán, Eduardo. A imaxe foi tomada en 1939, durante a guerra, en Lérida. Curiosamente, cada un loitaba en bandos distintos sen sabelo, pois vivían separados. Conseguiron xuntarse grazas á familia, que lles avisaron por carta de que estaban no mesmo lugar. Pola parte de atrás do retrato hai un texto escrito a man que di o seguinte: “Como recuerdo de la 1ª entrevista que tuvimos los dos hermanos, Eduardo y Ramón González González después de haber 9 años que vivíamos separados y sin noticias. Fue sacada esta foto el día 15 de marzo de 1939 en Lérida. Como testimonio de la gran alegría que reinaba entre los dos queridos hermanos en aquel feliz momento”.

Accésit 1: Sabela Ares Rodríguez
IES Antonio Fraguas. Compostela
Título: A tía
166
Texto:
Esta foto foi sacada arredor de 1960 en Monforte de Lemos. A persoa que aparece nela é a miña tía avoa Lolé, irmá da miña avoa. A súa nai morrera, e vivía coas súas dúas irmás e o seu pai. El quería vivir coma un rico pero non quería traballar, polo que as súas fillas tiñan que facer todas as tarefas da casa, conseguir diñeiro, e coidarse tanto a si mesmas como ao seu pai. A miña avoa, sendo a maior, tiña que traballar máis ca ninguén, cosendo por encargo, vendendo peixe e facendo a comida. Inda así, eran moi pobres. Tamén era unha época de grandes dificultades económicas, xa que acababan de saír da guerra civil.
Monforte de Lemos é unha pequena vila na provincia de Lugo, que cambiou moito co paso do tempo. Esta foto fíxose na praza do campo da Compañía, cando estaba aínda construíndose. Nesta praza, a máis importante da vila, atópase o edificio dos Escolapios, un colexio de curas chegado a Monforte en 1873 que agora se utiliza como igrexa e colexio relixioso.
A miña tía avoa non tivo unha infancia fácil, e a súa idade adulta non foi moito mellor. Era lesbiana, unha cousa moi difícil nesa época, e morreu de cancro no 1984. Non chegou aos 50 anos.

Accésit 2: Rafaela Gomes Teles
Escola Básica e Secundaria de Sobreira
Título: A escola
38
Texto:
No álbum da minha família encontrei esta fotografia em que se vê duas alunas na Escola Primária de Casconha, e uma dela é a minha avó materna. Nessa altura, ela tinha 10 anos (1964) e estava na entrada da sala de aulas com um gato no colo. Acho interessante a forma como elas se vestiam naquela altura, em especial as meias com ligas por cima do joelho, e o lenço sobre a cabeça.
Ela e as outras alunas prepararam uma surpresa para a Professora, D. Maria do Céu, fazendo-lhe uma homenagem, isto porque era o dia de aniversário dela. A receção foi feita com a presença das alunas com as mascotes da escola: um gato e uma cadela. Ambos os animais não tinham dono. O gato apareceu na escola e ficou por lá. A cadela havia fugido de um incêndio e procurou abrigo na escola, então as alunas apelidaram-na de “Aflita”. Também fizeram a receção com um tapete de flores, à entrada da sala de aula. Foram colhidas as flores mais bonitas, encontradas por elas nos campos agrícolas. Foi um gesto simples, mas de grande significado (quer para a Professora, quer para as alunas), pois, estender um tapete de flores a alguém é um ato muito nobre, mesmo nos dias de hoje.
A Professora gostava muito de animais e incentivava sempre as alunas a cuidarem deles. Este foi um dos valores que marcaram as meninas para sempre. Ainda hoje, na casa da minha avó, existem muitos animais de companhia.

Accésit 3: Antón Abalo Santamaría
IES Plurilingüe de Ames
Título: O meu tataravó
242
Texto:
O meu tataravó chamábase José Abalo Paulos e naceu en 1883 na parroquia de Cea, en Vilagarcía, onde creceu indo a escola e alimentando a súa intelixencia, curiosidade e paixón pola literatura.
Traballou como aprendiz dun mestre construtor alemán, adicando a súa vida profesional á construción. Entre outras obras nas que traballou destaca o edificio do Gran Hotel da Illa da Toxa e a singular ermida do Carme existente nesa illa , “A capela das cunchas”. Nesta última traballou colocando as cunchas de vieira que se utilizaban para recubrir e impermeabilizar as fachadas.
Compaxinaba a vida laboral coa súa paixón pola poesía, que escribía no tempo libre.
En Vilagarcía coñeceu á miña tataravoa, serventa interna nunha casa rica, coa que casaría en 1919, trasladándose ambos a Cabo de Cruz (Boiro), de onde ela era orixinaria, e onde establecerían a súa familia con dez fillos.
Todo mudou cando, traballando, sufriu un accidente que o danou na cabeza e o imposibilitou para traballar. Aínda así, para manter a súa familia mercou unha gamela e comezou a pescar como unha afección coa que sacar uns cartos.
Tamén continuou aprendendo e informándose (estivo subscrito ao Faro de Vigo, que lle chegaba semanalmente no vapor). Así, comezou a falar de ideas innovadoras para a súa época e contorno, como a posibilidade de “fabricar un aparato para escoitar e ver a xente que estivera en Madrid”. Morreu con 80 anos en Cabo de Cruz.

CERTAME DE PODCAST

Categoría Ensino Primario/Ensino Básico 

1º Premio: Sara Vázquez
CEIP Plurilingue O Ruxidoiro. Barbadás
41


Texto:
A Emigración.- Foto que nos achega Sara e que nos amosa unha historia da emigración da súa familia, na que recordamos como moitos de nosos paisanos tiveron que emigrar en busca dunha vida mellor. Escoitamos a Sara como nos conta a historia da imaxe.

2º Premio: Violeta Brizuela Martínez
Escola: CRA Mestra Clara Torres (Tui)
43

Texto:
Fotos da alfombra do escudo de Tui do ano 1969.
A primeira da esquerda é Concha Martínez Tato, tía avoa de Violeta (irmán do avó Manolo) que está coas súas compañeiras nun curso de alfombras en Tui. Segundo a tía esta alfombra está no Concello de Tui e póñena nalgunha celebración.
Na foto vese a alfombra colocada no tear xigante onde a fixeron e un cartel ó fondo co nome do curso.

Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario

1º Premio: Marta Ocampo Romaní
IES Ricardo Mella.Vigo
178


Texto:
“Os maquis”: no que alumnado de 1º ESO nos presenta unha foto enviada ao concurso por Marta Ocampo Romaní, alumna de 2º BACH, na que se pode ver ao seu bisavó.

2º Premio: Moira Penalta
IES Virxe do Mar. Noia
102

Accésit:
Carmela Velasco
IES Eduardo Pondal.Ponteceso

182

Luján Lago Varela
CPI Cruz do Sar. Bergondo
275

Nesta imaxe vemos a unha familia diante dunha casa. Eles están a celebrar as vodas de ouro do matrimonio que está sentado no medio da imaxe.
Tanto os homes, coma as mulleres, van moi elegantes. Os homes van vestidos con traxes e, a maioría das mulleres, con faldra e chaqueta. A maioría das persoas chegaron alí camiñando, xa que a maior parte da familia vive na mesma vila.
Esa foto foi tomada no ano 1965.

Premio Especial do Xurado

O xurado acorda por unanimidade e fora de todas as categorías conceder dúas menciós especiais a dúas escolas polo seu traballo xeral do que forman parte as fotografías enviadas

CEP Carlos Casares.Grixó-Alxén (Salvaterra de Miño)
Esta escola propuxo unha iniciativa que, aínda sen axustarse exactamente ás bases, destaca polo seu valor pedagóxico. Trátase dun proxecto de centro que inclúe unha exposición de obxectos, relacionados co tema do proxecto anual. Neste caso, o tema escollido foi a meteoroloxía, baixo o título “MeteoAlxén”, e contou coa colaboración das familias do alumnado que forneceron de moitos obxectos para a elaboración dunha exposición. O proxecto estrutúrase en diversas categorías de interese: outono, inverno, primavera, verán, meteoroloxía, ceos, chuvia, viño, horta, setas e castañas, alén da apropia exposición).

MeteoAlxén

Máis información na web do centro
http://www.edu.xunta.gal/centros/cepcarloscasares/node/1703
https://www.edu.xunta.gal/centros/cepcarloscasares/node/1732

CEIP da Ramallosa.Teo
Ademais da participación convencional no certame, con imaxes con cadanseu texto e podcast, desde esta escola propuxeron tamén o traballo de centro titulado “Anaquiños de onte vistos cos ollos de hoxe”, baseado no procura, visionado, estudo e reinterpretación, con todo o alumnado, de imaxes antigas de diversas temáticas e autores relacionadas co noso patrimonio cultural inmaterial; oficios tradicionais, festas, e outras temáticas costumistas de diferentes épocas. Este traballo está encadrado tamén no “Proxecto Didáctico Antonio Fraguas”, recoñecemento que a escola obtivo o pasado ano polo seu labor a prol da recuperación do patrimonio cultural. A actividade ten un carácter continuísta, e rematará cun espazo adicado ao mesmo na exposición que a escola fará en novembro no Museo do pobo Galego (con motivo do citado recoñecemento).

https://docs.google.com/presentation/d/11dOz1nOTXlV6EVHrmg5leaaTpLgDdEzCdF78_osr3PI/edit?usp=sharing

https://on.soundcloud.com/D9gQZ

Vigo a 1 de setembro de 2023

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas