Ponte... nas Ondas!

VI Certame de Recolla do Patrimonio Oral Galego-Portugués

Tema:”Ponte a contar”

Seguindo coas características fundamentais que o Certame vén mantendo dende hai xa seis anos, queremos propor aos centros escolares galegos e portugueses seguir afondando na divulgación do noso patrimonio cultural descubrindo e rescatando nesta convocatoria os contos populares.

Próximamente remitirémosvos as bases completas deste certame aínda que xa podemos adiantarvos que haberá importantes premios para os gañadores de cada categoría ( primaria, secundaria, bacharelato, ensino profesional e universitário ).

Instamos a todos os centros a que participedes nas dúas convocatorias xa que son perfectamente complementarias, e pódese aproveitar o mesmo material adaptándoo aos requerimentos de cada un dos dous programas.

O calendario para participar será o seguinte:

INSCRICIÓN

O prazo para inscribirse en ambas convocatorias rematará o día 15 de decembro de 2011. Hai que enviar debidamente cumprimentada a ficha correspondente á actividade na que se quere participar ou as duas, no caso de querer participar en ambas, a: ondas@pontenasondas.org”> ondas@pontenasondas.org

PRAZOS ENTREGA

VI Certame de Recolla do Patrimonio. O prazo de recepción dos traballos rematará o día 28 de maio. O resultado do Certame darase a coñecer en setembro de 2012.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas