Ponte... nas Ondas!

Xa temos cartel para a xornada multimedia do 24 de abril!

24 DE ABRIL – XORNADA MULTIMEDIA DE PONTE…NAS ONDAS!

Xa temos cartel para o 24 de abril! Aquí podedes descargar a creación do ilustrador Andrés Meixide para este día!

Tamén unha versión en branco e negro para colorear.

Agardamos a vosa participación!

O 24 de abril celebraremos a xornada radiovisual interescolar Ponte…nas ondas! en directo, desde diferentes lugares de Galicia e norte de Portugal. Hai eventos confirmados en Vimianzo, Caión, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo e Valença do Minho. Anótate para asistir con alumnado á xornada!

Queremos que o alumnado realice programas en directo desde diversos espazos públicos como auditorios, estudios de radio e facultades universitarias.

Indicarémosvos o lugar a onde poderedes asistir co alumnado a realizar o voso programa.

Para inscricións, enviar un correo a: web@escolasnasondas.com

NOVIDADES:

A radio de Begoña: Programación especial dedicada a Begoña Caamaño, xornalista radiofónica e escritora. Preparade propostas para a emitir na xornada.

Emisións radiovisuais: Ademais de asistir com alumnado, este ano ofrecemos a posibilidade de retransmitir programas desde o centro a través de Youtube. Simplemente pedimos que fagades a emisión pola vosa conta e que nos facilitedes o enlace que incorporaremos á programación xeral da xornada.

DEIXE UMA RESPOSTA

Por favor digite seu comentário!
Por favor, digite seu nome aqui

Baner Modelo PNO!
PNO! 9º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Así foi o evento do 30 aniversario de PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas