Ponte... nas Ondas!

CERTAMES DE IMAXES DO PATRIMONIO

Foto enviada por Gonzalo Faro, do CEIP Plurilingüe Infante Felipe De Borbón (Salvaterra de Miño), unha das premiadas na 1ªedición do Certame.

O Patrimonio Cultural Inmaterial está constituído, segundo a UNESCO, polas tradicións orais, as artes do espectáculo, os usos sociais, rituais, actos festivos, coñecementos e prácticas relativas á natureza e ao universo e os saberes e técnicas vinculados á artesanía tradicional”. Dende principios do século XX, este conxunto de expresións, herdadas do pasado e transmitidas de forma oral, atoparon na fotografía un valioso rexistro documental e moitas foron as imaxes que se tomaron das expresións culturais espalladas ao longo da Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal.

Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! leva moitos anos defendendo a recuperación e transmisión do Patrimonio Cultural Inmaterial común en Galicia e no Norte de Portugal. Unha forma de divulgalo é incorporalo ás programacións educativas e presentarllo ás escolas como material que poida ser utilizado na súa dinámica de traballo.

É por este motivo polo que convoca anualmente o CERTAME DE RECOLLA DAS IMAXES DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS.

IX Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”: As gañadoras!

Acta do xurado e galería de imaxes galardoadas.

Lingua, danza e música unen a escolas galegas e portuguesas na gran festa do Día Internacional do Patrimonio

• Aulas dos concellos de Teo, Salvaterra de Miño, Vigo, Mos, Negreira, Santiago de Compostela, Marín, A Estrada, Culleredo, Noia,...