Ponte…nas Ondas! entregará en Vigo os premios do Certame Imaxes para o Patrimonio

Unha das imaxes premiadas, achegada por Rocío Dagraza Alonso, do IES de Mos
  • O Centro Veciñal e Cultural de Valadares, en Vigo, acollerá o 25N a entrega de premios da 2ª edición do certame nun acto conducido polo narrador e poeta Lois Pérez
  • Escolas dos concellos de Vigo, Lugo, Nigrán, Baiona, Mos, Gondomar, Salceda de Caselas e Moeche recollerán os galardóns

O Centro Veciñal e Cultural de Valadares en Vigo acollerá o próximo luns 25 de novembro o acto de entrega de premios do 2º Certame Imaxes para o Patrimonio de Recollida de Fotografías do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Será nun evento que comezará ás 11:30 horas e que incluirá a actuación de Cé Orquestra Pantasma. O acto será conducido polo narrador e poeta Lois Pérez.

Era obxectivo prioritario da convocatoria axudarlle ás novas xeracións a descubriren a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural Común. Con esa finalidade, propúxoselles que buscaran, na compaña dos seus familiares, aquelas fotos que contivesen elementos dese patrimonio cultural, na procura de elementos e vivencias concretas para constatar, desde o presente, o valor que cumpriron e seguen a cumprir, manifestacións culturais que polo seu simbolismo forman parte da nosa memoria colectiva.

Resultaron premiadas escolas de Vigo, Lugo, Nigrán, Baiona, Mos, Gondomar, Salceda de Caselas e Moeche. Entre os temas que recollen algunhas das fotografías premiadas: unha voda nos anos 50, no tempo onde os casamentos non celebraban no restaurante senón, moitas veces, na palleira; a desaparecida profesión dos tranviarios; familias gozando da festa da empanada; un dos primeiros trens de mercancías que pasou polo Porriño tirado por touras; repartimento de pan co burro Juanito en tempos de racionamento ou o primeiro barco que chegou a Vigo despois da Guerra Civil traendo familias da emigración.

Aquí poden verse as imaxes gañadoras
http://pontenasondas.org/ii-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimonio-aqui-as-ganadoras/
Outras imaxes participantes poden visualizarse ao completo desde esta ligazón:
http://escolasnasondas.com/certame2019-fotografias-recibidas/

Compartir

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here