Ponte... nas Ondas!

Xornada de formación do Modelo Ponte…nas Ondas!

Profesorado da Rede de Centros Modelo Ponte…nas ondas! de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial celebrou o martes 22 de abril unha xornada de formación no Auditorio do edificio CINC (Centro de Innovación Cultural) da Cidade da Cultura. Procedentes de centros educativos de primaria e secundaria de toda Galicia a xornada presencial de 5 horas completarase con dúas sesións telemáticas os días 14 e 21 de maio.

A xornada foi aberta pola Directora Xeral de Ordenación e Innovación educativa da Xunta de Galicia, Judith Fernández quen saudou á asistencia e destacou que a convocatoria do modelo Ponte…nas ondas! é unha aposta da Consellería para consolidar unha rede de centros que están a integrar a radio, o patrimonio e as TICs nun modelo que xa foi recoñecido internacionalmente pola UNESCO.

O programa continuou coa intervención de Santiago Veloso, presidente e coordinador de Ponte…nas ondas! quen abordou as orixes da experiencia e a súa evolución para consolidar o modelo. Destacou as principais accións e actividades desenvoltas ao longo das tres décadas e felicitou o traballo do profesorado.

Damián Alonso, actor de dobraxe e monitor dos obradoiros de Ponte…nas ondas!, explicou as claves do traballo coa radio e o patrimonio cultural nas aulas e comentou a súa experiencia nas sesións realizadas co alumnado nos centros.

Xerardo Pereiro, antropólogo, investigador e profesor da UTADE (Universidade de Trás-Os-Montes e Alto Douro), presentou un curso sobre Patrimonio Cultural Inmaterial para o profesorado e a súa aplicación didáctica e destacou o labor de Ponte…nas ondas!

Cristina Sánchez Carretero,antropóloga e investigadora do INCIPIT – CSIC (Instituto de Ciencias do Patrimonio – Consello Superior de Investigacións Científicas) destacou o papel que están a facer as escolas en Ponte…nas ondas! e como membro do xurado do Certame “As imaxes do patrimonio“ valorou esta convocatoria que xa vai pola 8ª edición como unha das actividades máis orixinais co PCI.

A xornada rematou cunha visita ás instalacións do INCIPIT, no Edificio Fontán, onde o profesorado tivo ocasión de coñecer o labor desta institución con explicacións de varios investigadores de diferentes ámbitos.

A formación complementarase con 2 sesións telemáticas. Ademais, os centros están a recibir obradoiros para o alumnados sobre o modelo Ponte…nas ondas!

PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA O PROFESORADO DA REDE DE CENTROS “MODELO PONTE…NAS ONDAS! DE BOAS PRÁCTICAS CO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL”
22 ABRIL – Auditorio 1 do edificio CINC da Cidade da Cultura

Sesión de 5 horas:
9.30 h. Identificación e recolla de materiais
10.00 h. Presentación da xornada e benvida
10.15 h. O modelo PNO! de boas prácticas co PCI
10.45 h. A radio e o patrimonio
11.30 h. Descanso
11.45 h. PCI e patrimonialización. PCI e interculturalidade . Didáctica e ámbitos do PCI.
12.30 h. O PCI como recurso educativo. As imaxes do patrimonio
13.00 h. Actividades propostas desde o modelo PNO! Letras Galegas 2025
13.30 h. Visita ao INCIPIT (Instituto de ciencias do patrimonio) do CSIC.

14 MAIO
18.00 h. 19.30 h. Sesión por videoconferencia

21 MAIO
18.00 h. 19.30 h. Sesión por videoconferencia

XUÑO
1 hora de traballo individual

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

Foliada Agora Cantamos Nós!
Baner Modelo PNO!

Así foi o evento do 30 aniversario de PNO!
PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas