Ponte... nas Ondas!

Encontros do grupo GRUNDTVIG na illa de Sikinos en Grecia

No mes de xullo, e no marco do programa GRUNTVIG “Grand Tresures” do que Ponte…nas ondas! forma parte, tres membros da nosa asociación participaron no 3º meeting que tivo lugar na illa de Sikinos nas Cícladas gregas.
Neste proxecto participan, representantes de Galicia, Portugal, Polonia, Grecia, Estonia e Letonia e nel trátase de definir, recoller e compartir experiencias en torno aos Tesouros Vivos das nosas respectivas comunidades e que acumulan a experiencia e o coñecemento que ten en si mesmo e na súa preservación un grande interese para a comunidade na que habitan.

Nesta xuntanza, e seguindo as decisión tomadas nas anteriores, fixemos unha pequeña exposición mostrando cada unha das asociacións una mostra de boas prácticas expondo un tesouro vivo de cada país. Pola nosa parte mostramos retazos da vida de Alicia, unha muller de Alxén ( Salvaterra de Miño ) que garda na súa memoria unha grande cantidade de anécdotas e lembra moitas cancións e coplas da súa localidade e dos tempos nos que era moza.
O encontro, cinco días de traballo intenso, completouse con charlas formativas con especialistas na recolla de testemuñas e na súa musealización, así como actividades lúdicas de contacto coa comunidade local de Sikinos para coñecer os seus costumes e tradicións.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas