Ponte... nas Ondas!

II Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”

O IES Rosalía de Castro, Arraianos Producións e Ponte…nas Ondas! convocan o II Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”

Nesta iniciativa colaboran outras entidades que velan pola defensa e a promoción da lingua e da cultura galegas coma o Museo do Pobo Galego, a Asociación Oral de Galicia, a Fundación Rosalía de Castro, a EASD Mestre Mateo, a Radio Galega, a Real Academia Galega, a Fundación Antonio Fraguas, o Parlamento de Galicia e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Os obxectivos destes premios son:
1) Promover a lingua e a cultura galega e portuguesa nos centros educativos.
2) Fomentar unha imaxe positiva e actual da lingua mediante a vinculación coas novas tecnoloxías da información e a comunicación.
3) Favorecer o uso da lingua entre a mocidade e en ámbitos asociados á oralidade.
4) Incentivar a produción e difusión de material audiovisual en galego e portugués.
5) Fortalecer os vínculos coa lusofonía e mostrarlle á mocidade a importancia destes.

A solicitude de participación debe formalizala o director ou directora do centro antes do día 30 de outubro de 2020 a través dun correo electrónico ao enderezo certameradiofonico@iesrosaliadecastro.org
ACTUALIZACIÓN: O prazo de presentación dos traballos finalizará o 30 de outubro de 2020

Preme aquí para descargar as BASES COMPLETAS DO CERTAME

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas