Ponte... nas Ondas!

II Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez «O vello dos contos»

O IES Rosalía de Castro, Arraianos Producións e Ponte…nas Ondas! convocan o II Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez «O vello dos contos»

Nesta iniciativa colaboran outras entidades que velan pola defensa e a promoción da lingua e da cultura galegas coma o Museo do Pobo Galego, a Asociación Oral de Galicia, a Fundación Rosalía de Castro, a EASD Mestre Mateo, a Radio Galega, a Real Academia Galega, a Fundación Antonio Fraguas, o Parlamento de Galicia e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Os obxectivos destes premios son:
1) Promover a lingua e a cultura galega e portuguesa nos centros educativos.
2) Fomentar unha imaxe positiva e actual da lingua mediante a vinculación coas novas tecnoloxías da información e a comunicación.
3) Favorecer o uso da lingua entre a mocidade e en ámbitos asociados á oralidade.
4) Incentivar a produción e difusión de material audiovisual en galego e portugués.
5) Fortalecer os vínculos coa lusofonía e mostrarlle á mocidade a importancia destes.

A solicitude de participación debe formalizala o director ou directora do centro antes do día 30 de outubro de 2020 a través dun correo electrónico ao enderezo certameradiofonico@iesrosaliadecastro.org
ACTUALIZACIÓN: O prazo de presentación dos traballos finalizará o 30 de outubro de 2020

Preme aquí para descargar as BASES COMPLETAS DO CERTAME

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas