O Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valadares en Vigo acollerá este venres 15 de novembro, na véspera do Día Internacional do Patrimonio, o acto de entrega de premios do 7º Certame “As imaxes do patrimonio” Inmaterial Galego-Portugués.
Durante o evento, o alumnado premiado fará lectura dos textos explicativos das imaxes galardoadas (Textos que poden atoparse aquí: https://pontenasondas.org/vii-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimonio-as-ganadoras/).